domingo, 18 de septiembre de 2016

Mentres podedes ir mirando este vídeo como introducción ao primeiro tema.


Hola a todos:

   Imos comenzar este blog lembrando algunhas indicacións para facer con xeito o comentario de documentos escritos.

Comentario de documentos escritos

Debemos dividilo en catro apartados: clasificación do documento, análise do contido, comentario e valoración crítica.

Clasificación

A clasificación inclúe os datos esenciais que explican de qué documento se trata. Debe ser, polo tanto, concisa. Inclúe catro apartados:
1. Tipo de texto. Trátase de aclarar de qué clase de documento se trata.
Segundo a súa natureza, pode ser de catro categorías.
- Circunstanciais, se derivan directamente dos feitos cos que se relacionan.
- Xurídicos, se corresponden a textos legais ( leis, tratados, constitucións...)
- Literarios, que proveñen dunha obra dese carácter.
- Historiográficos, se proceden da investigación histórica

Segundo a súa temática, pode ser suficiente indicar o seu contido. político, xurídico, económico, relixioso, etc...
2. Lugar e data. Hai que explicar cómo e ónde se escribiu. Ás veces estas referencias están no encabezamento ou no pé do mesmo texto. Cando non sexa así, hai que buscar pistas no documento para poder ofrecer uns datos precisos ou, cando menos, aproximados
3. Autor. O máis frecuente é que o documento vaia asinado polo autor material. Hai que ter en conta que en ocasións a persoa que o asina non foi a autora material do mesmo, senón o autor inductor. Tamén pode que sexa unha autoría colectiva ou institucional (como nas constitucións)
4. O destinatario. Hai que precisar, en primeiro lugar, se o documento é oficial, público ou privado. En segundo lugar se vai dirixido a unha persoa ou a unha colectividade, neste último caso debe indicarse se vai destinado ó público en xeral ou a un grupo determinado.

Análise do documento 
Trátase de describir o contido do texto, sen introducir na descrición xuízos críticos nin cruzar coñecementos alleos ó documento, polo que non debe ser un apartado extenso.
Será unha síntese ou resumo de elaboración propia que inclúa a idea fundamental e as principais ideas secundarias. Non se trata de repetir o texto con outras palabras.
Ademáis, neste apartado debe incluírse a explicación de referencias, conceptos históricos, personaxes citados, acontecementos específicos, etc, que aparecen no textopara precisar mellor a súa relación co tema do documento.

Comentario do documento

Deberá ser o apartado máis extenso, porque implica non só expoñer o contido do documento, senón tamén o coñecemento profundo que o comentarista ten sobre os acontecementos aludidos. Pódese dividir (se queres) en tres partes:
   1. Contexto histórico. Trátase de situar o documento no tempo e no espacio para comprender o contido do texto.
   2. Comentario do contido. É a parte fundamental desta técnica, pois trátase de analizar as distintas partes, poñéndoas en relación co que o comentarista sabe sobre o tema.
   3. Conclusións. Ha ser un apartado breve para valorar se o autor nos trnsmite unha visión acertada dos acontecementos e se relaciona adecuadamente os feitos e os resultados.

Valoración crítica
Este apartado é optativo nos niveis de bacharelato. Debería analizarse nel a autenticidade, a validez da información, a subxectividade ou obxectividade do autor e a utilidade historiográfica do documento.

En breve seguiremos cun exemplo.