domingo, 2 de octubre de 2016

AS ORIXES DO PENSAMENTO LIBERAL NOS SÉCULOS XVII E XVIII. A ILUSTRACIÓN.



As ideas liberais non se consolidan ata o século XIX. pero o seu nacemento cómpre buscalo douscentos anos atrás. Ó longo dos séculos XVII e XVIII foron aparecendo unha serie de obras capitais do novo pensamento, da man de figuras como Locke, Montesquieu ou Rousseau. Analizar as súas formulacións no contexto histórico en que naceron, debe ser a nosa primeira preocupación.

O século XVII
Dous son os precedentes intelectuais máis notables do liberalismo nesta centuria: as ideas políticas emanadas da Reforma e o iusnaturalismo, e unha revolución política: a inglesa.
A Reforma protestante, nas súas diferentes manifestacións, encarnou un individualismo relixioso baseado na libre interpretación da Biblia e na vivencia interior e persoal dos sentimentos relixiosos. Os grupos calvinistas, despois de seren perseguidos en Francia e Inglaterra, van defender a tolerancia relixiosa e crear comunidades en Norteamérica con rudimentos democráticos
O lusnaturalismo é unha corrente moi antiga que se consolida no século XVII. Baséase na supremacía da Lei Natural, primeiramente divina e dende B. Spinoza fundamentada na razón, sobre as leis positivas feitas polos homes, é dicir, por riba das disposicións dun monarca están esas leis naturais que limitan o seu poder. Seguindo este razoamento tódolos homes son titulares duns dereitos naturais (paz, vida, seguridade... ) dos que ningunha autoridade terrea os pode privar. Ademais, a Lei Natural e os dereitos que dela emanan son universais e iguais para tódolos individuos en todas partes. O iusnaturalismo creará un novo concepto de soberanía emanada da sociedade sen intervención divina. Partindo da idea dun estado de natureza, xeralmente ahistórico, é dicir, sen existencia real, no que tódolos individuos son libres e iguais uns con respecto ós outros, créase un estado civil e político mediante un pacto ou convenio entre os homes, que delegan a súa soberanía —da que son titulares naturais— nun goberno capaz de superar os problemas de con vivencia do estado de natureza (T. Hobbes).
No século XVII, ademais destas ideas precursoras, ten lugar en Inglaterra unha revolución política, que contrapón ó Parlamento coa monarquía absoluta, condicionando o pensamento político do momento.
O vello Parlamento inglés estaba organizado en dúas cámaras, a alta dos lores e a baixa dos comúns. A dinastía escocesa dos Estuardo introduce o absolutismo nas illas e, con isto, a concentraciõn do poder no rei e a marxinación dos órganos de control ou limite do mesmo. Contra esta situación, o Parlamento aprobou, en 1628, a Petición de Dereitos.
O enfrontamento entre monarca e Parlamento derivou nunha guerra civil entre os anos 1642-48, saldada coa victoria parlamentaria, a  decapitación de Carlos I e a proclamación da República (Commonwealth) gobernada por un parlamento unicameral. Logo dun período persoal, encarnada en Oliver Cromwell, en 1660 volverá a restaurarse a monarquía dos Estuardo.
Deste primeiro conflicto o Parlamento sae fortalecido como garante das liberdades inglesas. Cando Carlos II e Xacobo II pretenden recuperar o vello poder absoluto e mesmo reinstaurar o catolicismo, a súa reacción será un novo enfrontamento que remata coa instauración dunha nova dinastía e que se ve culminado nunha serie de disposicións que axudan a conformar a Constitución inglesa non escrita.

John Locke

O principal teórico do liberalismo deste século foi John Locke. As súas ideas poden resumirse en tres grandes apartados:  
1- A propiedade é un dereito natural dos homes que garante a liberdade
2- defensa, de acordo cos principios do iusnaturalismo, do poder como resultado dun pacto social.
3- A separación de poderes como freo ás tendencias absolutistas.

A teoría da propiedade é básica no pensamento de Locke, pois afirma que sen propiedade non hai liberdade. A propiedade é un dereito natural dos homes, dentro do estado de natureza. Chegado un momento da historia humana resulta evidente que hai claras diferencias entre posuidores. ¿Como explicar o dereito natural de todos á propiedade coa apropiación ilimitada duns poucos que impide a outros o acceso a estes bens' Locke responde que a apropiación é tamén un dereito natural derivado do traballo, que lexitima o dereito desigual á propiedade. Mesmo entende que a acumulación de propiedade mediante o diñeiro é tamén lexítima, xustificando así as bases económicas do incipiente sistema capitalista. 
O estado de natureza de Locke é un estado social regulado pola Lei Natural no que predomina a convivencia pacífica, en contraposición á idea de Hobbes, pero no que reina a incerteza e a inseguridade sobre a defensa dos dereitos naturais, ameazados polos demais homes. Por iso, para salvagardar eses dereitos, e sobre todo para conservar a propiedade, por consenso e mediante pacto, os homes pasan do estado de natureza á sociedade civil. Moitos autores consideran ambigua a composición desta sociedade civil lockiana. Por un lado, pode entenderse constituída polos propietarios, únicos con dereitos civís completos, xa que eles teñen dereitos políticos, por teren interees que defender e a capacidade para discernir e participar no goberno. Polo outro, en tanto que garante da vida e da liberdade, tódolos homes, agás os escravos, son membros natos desa sociedade, nda que con competencias diferentes, como acabamos de dicir. Unha vez instituída a sociedade civil, os homes fan un segundo pacto que dá vida á autoridade política ­o termo goberno en Locke é, moitas veces, sinónimo de sociedade civil; lémbrese o título da súa obra máis representativa­. A principal función desta é ser xuíz imparcial entre os dereitos e intereses contra dos cidadáns. Así, pois, anticipando os principios liberais, a autoridade debe administrar e lexislar máis que gobernar.


Locke afirma que non tódolos tipos de autoridade garanten ben a propieda­ de, a liberdade e a felicidade. A mellor é aquela que ten os seus poderes separados. Existen tres poderes: lexislativo, executivo e federativo. O primeiro debe radicar nunha Asemblea elixida polos propietarios e con renovacións frecuentes; o segundo, que inclúe o poder xudicial, debe ser propio do monarca e dos seus ministros; o terceiro, que entende das relacións intemacionais, tamén debe ser competencia do monarca. Establecida esta separación, o poder supremo é o lexislativo. Xa que logo, o Parlamento está lexitimado para destituír ó monarca, quen xa non pode recorrer á orixe divina do seu poder, pois este pro­cede dun pacto entre os cidadáns. Finalmente, mpre ter en conta que Locke defende o dereito á resistencia ó poder cando este prexudique os dereitos natu­rais. Pero este dereito nunca debe ser utilizado para facer unha revolución que trastorne o consenso do pacto social, senón para restauralo.

O Século XVIII 
A época das Luces foi tempo de adaptacións políticas e de revolucións en América e Francia, e tamén de ascenso económico da burguesía
A Ilustración supón o imperio da razón, que preside e xustifica todo; a idea de progreso e optimismo universal da man dos avances técnico­cienficos; a defensa do espírito crítico. Foi un tempo de socialización das ideas, políticas ou non, a tra­vés de enciclopedias, de gacetas periódicas, de cafés, de salóns, de sociedades científicas, de Academias, de sociedades secretas ­incluída a masonería.
Son tempos de adaptacións frustradas. Incluso o absolutismo intentou mudar cara ó despotismo ilustrado paternalista, fomentador da riqueza nacio nal, máis permisivo coas ideas, mesmo defendido por ilustrados da talla de Voltaire na corte de Federico II de Prusia, pero incapaz de satisfacer as aspiracións burguesas e populares que ían noutra dirección: as revolucións políticas. 

Montesquieu: o equilibrio de poderes

O pensamento do barón de Montesquieu xira arredor de tres eixos: a) o determinismo etno-xeográfico que condiciona as leis, b) o goberno moderado como ideal, e e) a división de poderes como garante da liberdade.
A diferencia dos iusnaturalistas, Montesquieu nega a universalidade das leis e dos dereitos. Cada país debe ter unhas leis e un goberno adaptados ás súas condicionantes xeográficas e culturais. Aparece así como un claro precursor das ideas de singularidade e diferenciación nacionais.
  Para Montesquieu as formas de goberno históricas poden concretarse en dous modelos: as despóticas e as moderadas. As primeiras son aquelas rexidas polo medo e as únicas que el rexeita, agás para os pses moi extensos como o imperio ruso. A monarquía absoluta sería un exemplo desta forma de goberno. As segundas, as mellores, poden ser republicanas, rexidas pola virtude (amor pola sinxeleza e pola igualdade) ou monárquicas, rexidas polo honor e limita- das polo protagonismo dado ós corpos intermedios: a nobreza e o clero.O goberno moderado n definido pola existencia de poderes divididos: executivo, lexislativo e xudicial. Montesquieu, despois dunha longa estadía nas illas, toma como modelo o goberno e a constitución ingleses. Así, o poder lexislativo debería estar constituído por dúas mara : unha baixa, represen- tante da burguesía e pequena nobreza provincial e elixida por ambas, con com- petencias exclusivas no tocante ós impostas; e unha alta, reservada á nobreza de rango que herda os seus escanos, con capacidade de veto sobre as leis para equilibrar os excesos que poida cometer a baixa. O equilibrio de poderes tamén se reflecte no executivo, en mans do monarca e dos seus ministros. O monarca pode vetar as leis, pero o Parlamento controla a súa política e outorga ou non a súa confianza ós ministros e, sobre todo, aproba os impostas. Finalmente, o poder xudicial, en mans dos tribunais, tamén se somete ó control popular a través do xurado
Este control recíproco entre os poderes é o principal garante da liberdade. Liberdade que esixe, así mesmo, unha certa división social do poder, tal e como se indicou, coa participación do monarca, da nobreza e da médiocrité (clases medias).






J. J. Rousseau: a utopía dos pequenos propietarios. 
O xenebrino Rousseau resulta un pensador difícil de catalogar. Poderiamos articular o seupensamento en torno ás seguintes ideas: a) o estado de natureza é perfecto e nel reina a bondade humana, b) a soberanía radica no pobo e non pode delegarse nin dividirse, e e) a sociedade necesita leis para sobrevivir, pero estas teñen que ser a expresión da vontade xeral.

Rousseau cre nun estado de natureza inicial no que o home era bo porque era libre e igual, mesmo existindo a propiedade. Pero a medida que o desexo de propiedade desmedida naceu no home-para el coa aparición da agricultura- quebrouse a igualdade e, con esta, a liberdade. Viñeron logo o progreso científico e o desenvolvemento económico, é dicir, a civilización. Esta non é mala en si mesma, pero tende a xerar a decadencia moral e as desigualdades; para corrixir esa tendencia, Rousseau confía na Educación, que xira en torno ó patriotismo, ós mbolos, ás festas cívicas e á relixión civil.

No tocante ó poder, Rousseau segue a tradición contractualista. Sostén que, perdida a bondade do estado de natureza, os homes teñen que establecer un contrato social, polo que cada un se une a todos e se transforma nun cidadán. Non hai pacto para delegar o poder nun goberno, senón para crear un único corpo social que protexa ó individuo dos intereses particulares nacidos coa civilización. Así, cada cidadán segue sendo libre e soberano; non delegou nada. Nos estados pequenos participa persoalmente na elaboración das leis a través da democracia directa. Nos estados grandes faise precisa a representación, pero con mandato imperativo que abrigue ó representante a votar o que os seus electores lle pediron. A soberanía, así concibida, tampouco pode divi­dirse. O lexislativo é o pobo mesmo; o goberno é un simple intermediario subordinado entre o pobo soberano que fai as leis e o pobo súbdito que as obedece, pero ttase dun pobo.

As leis son a alma do estado, garantes da liberdade e da igualdade, en tanto que expresión da vontade xeral. Este concepto é central no pensamento de Rousseau. Nace, racionalmente, da renuncia ós intereses particulares de cada un como individuo en favor dos intereses sociais do ben común de cadaquén como cidadán. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario